AGAMFEC INFORMA COVID19

Sobre o XIDE

A Xunta Directiva de AGAMFEC, trala súa última reunión, quere manifestar a súa opinión sobre o controvertido programa XIDE que ven de implantar a consellería.

A organización médica colexial e algún sindicato avogan pola supresión do programa sen ofrecer unha proposta alternativa que facilite a xestión da demanda en Atención Primaria.

Nós vemos que na teoría o proxecto vai na boa dirección, pretendendo  facilitar a distribución da demanda segundo o motivo de consulta ó profesional máis axeitado e no tempo e forma óptimos. Pero na práctica non resulta eficiente, porque como resulta habitual na consellería respecto da Atención Primaria, quérese facer a custo cero.

Para implantar un programa así hai que multiplicar o número de administrativos (PSX), hai que formalos e elevar o teito competencial de tódalas categorías profesionais.

Ten que dar resposta a totalidade das demandas, non só a sobredemanda.  Se temos as axendas saturadas con citas ineficientes conseguidas por Internet ou polas centrais de chamadas, o programa é un parche , non unha solución. Quere dicir isto que tamén o XIDE se ten que adaptar ás citas solicitadas telematicamente e a través das calls center.

Ademáis, esta inversión tamén inclúe reformas nos centros, xa que preguntar por certos motivos de consulta, como ben sabemos, precisa dun espazo que garanta a intimidade que hoxe non existe en ningunha área administrativa dos nosos  centros de saúde .

E, para ser unha ferramenta que non fomente inequidades, debe ser flexible para adaptarse localmente a calquera tipo de centro (urbán ou rural) e dinámica (mudando rapidamente os seus algoritmos se as circunstancias o precisasen).

A conclusión, por tanto, é a mesma de sempre: necesitamos organización e accesibilidade, pero con investimento en infraestructuras, en persoal e en formación. A Atención Primaria non pode seguir sendo a irmá pobre e a importancia que se lle quere dar ten que ter reflexo orzamentario para ser crible.

1 comentario sobre “Sobre o XIDE”

  1. Jesús Rey García

    Totalmente dacordo. Antes de implantar un programa nas áreas hai que falar cos directivos das áreas (hai?), facer grupos de traballo heteroxéneos (PSX, medicos,enfermeiras, fisioterapuetas,pediatras, matronas, odontologos,…), pilotalos en rural e urbano, poñelos en marcha e modificalos sobre a marcha.
    Loxicamente tería que haber estructura de AP en áreas.
    Fíxose algo así?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies