XXII Roteiro AGAMFEC “Senda do Arenteiro”

Data: 7 de Novembro 2021

Hora de encontro: 10:00 horas

Punto de encontro: Parque etnográfico do Arenteiro (Muiño das Lousas). Ten aparcadoiro https://goo.gl/maps/JQ6KxShBW684ExCq7

Recorrido: O roteiro e de ida.  A ruta comenza no Muiño das Lousas >> Pasarelas e escaleiras de madeira río arenteiro >> Ponte Medieval de Ponterriza >> Moldes >> Ruinas Castelo Castro Cavadoso >>  Cabanelas >> Ponte da Cruz >> Pazos de Arenteiro.

**O ser un roteiro lineal, recomendase en caso de asistir en grupos con varios coches, deixar un deles na entrada de pazos de arenteiro (nunha explanada de terra xa habilitada para este fin, onde comezan todas as rutas de senderismo) e acudir co outro coche ao lugar indicado de saida da ruta (muiño das lousas a escasos 10 km)

Distancia: 11,1 km

Perfil altitudinal

·      Altura sobre o nivel do mar: 108 m de mínima e 409 m de máxima

·      Desnivel acumulado: +270/-533 m

Grado de dificultad: Fácil

Imprescindibles:

·      Calzado cómodo, recomendase tenis de montaña.

·      Auga ou líquidos abundantes

·      Bocata ou comida

Sobre a ruta

Comezaremos a ruta no parque municipal do Carballiño, na marxen esquerda do río Arenteiro na población de O Carballiño e percorrecoreremos ao seu carón o primer treito mediante pasarelas e escaleiras de madeira e posteriormente por unha senda fluvial. Cruzaremos o río ata en cinco ocasions mediante varias pontes.

Unha vez finalizado este tramo o camiño levaranos polo Monte das Regas, dende o que é posible obter unhas boas vistas da contorna do sendeiro. Mais adiante a senda descende ata a ponte medieval de Ponterriza, que cruza o río Arenteiro unha vez mais.

Descendendo no río, nun entorno casi máxico baixo os roquedos que sosteñen os restos da fortaleza de Castro Cavadoso, unha magnífica ponte pétrea supera o río Arenteiro creando unha fermosa postal. Despois, o camiño sube lentamente ata o barrio de Cima de Vila y descendendo posteriormente ata Cabanelas coa sua iglesia, pazos y casas blasonadas.

O itinerario prosigue ata Pazos de Arenteiro (ver PR-G 76). Antes de entrar na vila, camiñaremos ata o “Pozo dos Fumes” onde o río parece volatilizarse entre as rocas. Asomaremosnos nun peñasco con barandilla dende onde podremos disfrutar do espectáculo da pequena cascada denominada pozo dos Fumes e a piscina natural que forma tras su caída.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies